Bos días lectores e lectoras!
Como vai o voso día? Espero que ben!
(>‿◠)✌
Hoxe veño a falarvos dunha ferramenta que sirve para facer vídeos, editalos, etc. Dita ferramenta chámase VideoPad (Para ver a páxina de VideoPad pincha Aquí e para descargalo pincha Aquí).
VideoPad é un editor gratis que permite editar vídeos, sexan de DVD, da tua cámara dixital ou dun ficheiro calquera. Este é compatible coa maioría dos formatos de vídeos actuais (AVI, WMV, 3GP...).
En canto ó seu uso é moi fácil con opcións moi sinxelas de entender. As ocións que presenta son recortar as escenas según a interese de cada un e
cada unha, dividir en secuencias, añadir efectos e transicións e editar o son
añadindo efectos sonoros, música ou formatos de audio (todo depende do gusto de
cada un) . Ademáis disto a propia ferramenta deixa que creedes títulos de
créditos e demais textos para os vosos vídeos así como grabar audios se
dispoñedes de micrófono.
Outra
das ventaxas que ten é a maneira sinxela que ten de exportar vídeos xa que non
da boltas en conceptos de resolución, formato, etc. Simplemente tedes que
decidir para que queredes o vídeo (para grabar nun DVD, subir a Internet, poder
velo na tua consola portátil...).
Na
miña opinión é unha ferramenta moi útil para traballar con nenos e nenas nas
aulas podendo crear vídeos dalgún tema de interese no que participan todos e
todas.
Por
último deixovos todos os formatos que soporta VideoPad por se vos interesa:
-
Vídeo: AVI, WMV, ASF, MPG, MPEG, MPE, VOB, MOV, 3GP, MP4, M4V, FLV, MKV.
-
Imaxen: BMP, GIF, JPG, JIF, JPEG, EXIF, PNG, TIF, PSD, TGA.
-
Son: WAV, MP3, M4A, OGG, AVI, MID, FLAC, AAC, WMA, AU, OGG, RAW, VOX, CDA,
DSS.
Espero que vos guste e
que vos sexa de gran utilidade para traballar cos vosos nenos e coas vosas nenas.
Un saúdo e non olvidedes,
Móvete!
L.G.A