luns, 29 de febreiro de 2016

Con que podo editar os meus vídeos?

Bos días lectores e lectoras!
Como vai o voso día? Espero que ben! (>‿◠)

Hoxe veño a falarvos dunha ferramenta que sirve para facer vídeos, editalos, etc. Dita ferramenta chámase VideoPad (Para ver a páxina de VideoPad pincha Aquí e para descargalo pincha Aquí).

VideoPad é un editor gratis que permite editar vídeos, sexan de DVD, da tua cámara dixital ou dun ficheiro calquera. Este é compatible coa maioría dos formatos de vídeos actuais (AVI, WMV, 3GP...).


En canto ó seu uso é moi fácil con opcións moi sinxelas de entender. As ocións que presenta son recortar as escenas según a interese de cada un e cada unha, dividir en secuencias, añadir efectos e transicións e editar o son añadindo efectos sonoros, música ou formatos de audio (todo depende do gusto de cada un) . Ademáis disto a propia ferramenta deixa que creedes títulos de créditos e demais textos para os vosos vídeos así como grabar audios se dispoñedes de micrófono.

Outra das ventaxas que ten é a maneira sinxela que ten de exportar vídeos xa que non da boltas en conceptos de resolución, formato, etc. Simplemente tedes que decidir para que queredes o vídeo (para grabar nun DVD, subir a Internet, poder velo na tua consola portátil...).

Na miña opinión é unha ferramenta moi útil para traballar con nenos e nenas nas aulas podendo crear vídeos dalgún tema de interese no que participan todos e todas.

Por último deixovos todos os formatos que soporta VideoPad por se vos interesa:
- Vídeo: AVI, WMV, ASF, MPG, MPEG, MPE, VOB, MOV, 3GP, MP4, M4V, FLV, MKV.
- Imaxen:  BMP, GIF, JPG, JIF, JPEG, EXIF, PNG, TIF, PSD, TGA.
- Son: WAV, MP3, M4A, OGG, AVI, MID, FLAC, AAC, WMA, AU, OGG, RAW, VOX, CDA, DSS.

Espero que vos guste e que vos sexa de gran utilidade para traballar cos vosos nenos e coas vosas nenas.
Un saúdo e non olvidedes, Móvete!

L.G.A


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese