domingo, 21 de febreiro de 2016

Duolingo e París.es

Ola, boas!!

Nesta nova entrada do blog MÓVETE vou tratar de explicar máis extensamente os dous recursos que presentei fai uns dias: A aplicación Duolingo e a guía turística Paris.es.

Duolingo é unha ferramenta increiblemente práctica para a aprendizaxe de linguas. Nada máis entrar na aplicación aparece a opción de crear unha conta, á que iran ligados todos os cursos de linguas que decidas comezar. Se por exemplo decides comezar co francés terás que realizar un exame inicial que determinará o teu nivel na lingua, tanto en vocabulario como en coñecementos gramaticais.
Despois deso os cursos divídense nunha especie de unidades didácticas estructuradas dunha forma moi intuituva e útil. E se decides deixalo durante un tempo e cando volves daste conta de que o que estas practicando xa o aprendiches podes facer un exame para así exonerarte e pasar dalgunhas unidades.
Outra curiosidade é que agora estan desenvolvendo a idea do seu uso nas escolas, algo que sería ben práctico e ademais, gratuito.

A páxina web París.es é, como xa dixen na anterior entrada (feita por min), unha guía turística ao uso. Quizais sexa un clásico, pero é unha forma de non mercar guías escritas en papel e ter unha páxina onde toda a información de interese está xunta. Algo que é de agradecer.

Basicamente estas foron as miñas aportacións aos recursos que poderemos utilizar na viaxe a París.

Un saúdo lectores!
Lembrade, MÓVETE!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese