Boas tardes amigos e
amigas!!
Que tal estades hoxe??
Volvemos un día máis á
carga, e desta volta veño cun interesante artigo sobre as tabletas nas aulas de
educación infantil.
Antes de nada aclarar que
a miña persoa, non está moi a favor do uso das tabletas nas aulas duns nenos
pequenos, máis adiante profundizarei.
Primeiramente dicir que o
uso das tabletas é unha ventaxa coa que se pode contar nas aulas, para a
realización de actividades e búsqueda de información pero considero que con
nenos que xa van en terceiro ou cuarto de primaria, por exemplo o uso de google
earth, as localizacións de lugares, coñecer outros sitios na asignatura de
xeografía e asi en prácticamente en todas as asignaturas.
O inconveniente que noto
neste tema é principalmente o custo que teñen as tabletas e que a consellería
non as paga, cada cal do alumnado ten que traer a sua tableta pero non todos se
poden permitir o pagar todo o material e a maior unha tableta que son caras.
Estamos loitando por unha educación inclusiva e isto pode dar lugar a
discriminacións.
Tamén hai que ter en
conta que os nenos e nenas necesitan escribir, escribir moito desde as idades
máis temperás, para poder nutrirse e aprender, e a escritura que se fai cun
teclado ou nunha pantalla non ten nada que ver con escribir de puño e letra.
E falando tamén dos
problemas de saúde que poden acarrear o estar mirando unha pantalla, nas
cervicais e nos ollos por exemplo, podemos comezar a ter a vista casada e
chegar a ter problemas máis serios.
A miña conclusión é que
sí que está ben o uso das tabletas nas aula,
dando xa por suposto o control parental e docente,pero que ten que ser
un complemento e que ou todos teñen e o levan ou ninguén. Se os centros non se
poden facer cargo de solventar os problemas que teñen os que non poden pagarse
un ou non sería viable o uso das tabletas.
toda a información saqueina desta páxina e máis info aportada por min.
clica aquí
toda a información saqueina desta páxina e máis info aportada por min.
clica aquí
Espero que vos sexa de
interese a miña opinión sobre o uso das tabletas na aula.
Graciñas!
Paula Jorge Horta
Ningún comentario:
Publicar un comentario