luns, 22 de febreiro de 2016

A música tamén ensina.

BOAS!

Este luns atopen un vídeo moi bo para traballar a lingua francesa cos nenos e nenas e outras cousas que se me ocurren para traballar.

No vídeo atopamos unha canción francesa a través da cal se explican as diferentes frutas que hai coas letras do abecedario. Este paréceme un moi bo recurso xa que chama a atención dos nenos e nenas moito máis que utilizar libros ou fichas que non o fan. Cabe destacar que este conta con un sonido claro e non moi apresurado, a imaxe está perfectamente acorde co tema que se trata e sobre todo ten unha finalidade e intención lúdica.

A miña idea con todo isto é intentar que os nenos e nenas canten a canción (incluso poder representala ante o alumnado e profesorado se eles e elas queren), desta forma estaríase traballando a música e ao mesmo tempo as frutas e abecedario en francés.

Por outra banda tamén me parece que dito vídeo pode ser utilizado para tratar os distintas frutas saudables que se poden tomar a diarío para ter enerxía, chegando a tratar se se quere (por suposto é a elección de cada profesor e profesora) a pirámide alimentaria.

Como podedes ver aínda que o vídeo foi creado con intención de ensinar como se chaman as distintas frutas en francés, en realidade pódese chegar a traballar máis cousas se un ou unha quere.

O vídeo do que vos falo é este:


Espero que vos gustaran as miñas ideas e que vos animedes a tratar diversos temas do currículum de primaria a través das novas tecnoloxías.

Un gran saúdo e como diríamos todos os compoñentes deste blog....... MÓVETE!!!

L.G.A

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese