Moi boas de novo!
Como xa vos dixen na anterior
entrada que fixen este fin de semana anterior tiven moito tempo libre e
utiliceno buscando recursos tecnolóxicos útiles para ir de viaxe a París.
Para comezar o primer recurso que
atopen foi un xogo (podedes velo ou xogar pinchando Aquí). Dito xogo resultoume
fácil de buscalo posto que hai moita variedade de xogos sobre linguas
extranxeiras. Con só buscar xogos para aprender francés atopamos desde xogos
para nenos de 5 anos ata xogos para persoas adultas. Eu decanteime por este
xogo posto que non só trae xogos para aprender francés senón tamén información
previa ao xogo sobre vocabulario, verbos, etc.
O segundo recurso que atopén foi
un mapa de París no cal se mostran os diferentes monumentos que podes ver en
París e se pinchas en cada monumento podes ver unha pequena información de cada
ou acceder directamente a páxina web (pincha
Aquí para ver o mapa). Buscar o mapa non me resultou moi fácil, de feito tiven
que buscar moito para atopalo. A miña idea era buscar dous recursos que non
tiveran a mesma intención, é dicir, xa que tiña un xogo de como aprender
francés quería atopar outro recurso no que se abordaran os diferentes lugares
que visitar. Desta maneira toco dous puntos importantes a hora de viaxar a un
país. Aínda que a mayoría dos mapas que atopen eran rutas que seguían autobuses
para ver monumentos e non incluían moita información o certo é poder ser unha
maneira de coñecer parís. De todas formas penso que a mellor forma de facelo
pode ser a través dun mapa interactivo como este xa que chama máis a atención e
é máis entretido que outros.
Espero que vos gustara, un saúdo.
L.G.A
Ningún comentario:
Publicar un comentario