Ola, boas!!
Son Iván, e despois da nosa presentación, que poderedes ver nas anteriores entradas do blog, vou seguir ca miña busca de recursos que nos poidan servir para o desenvolvemento do noso proxecto de viaxe a París.
Desta vez trouxen unha ironía, vouvos presentar unha entrada doutro blog, chamado Tiching. Este blog está destinado a compenetrar os recursos educativos e a súa enseñanza na forma máis xeral ás TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
A entrada que causou o meu interés chamase 10+1 Recursos que no debes perderte en la enseñanza del francés. Escríbeo unha profesora de primaria, xefa de estudos e licenciada en Psicopedagogía. Como di o título, a publicación ordena e describe brevemente unha serie de aplicacións ou páxinas de interese que dende o seu punto de vista son susceptibles de ser utilizados na ensinanza do francés.
Un dous recursos, o que enumera como o +1, e o seu propio blog Francés hasta en la sopa.
Botadelle un vistazo a estes recursos, sobre todo se eres un profesor de francés qe quere mellorar a súa maneira de dar clase.
Un saúdo!
E lembrade, MÓVETE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario