Ola, boas!!
Hoxe, como todalas semanas, veñovos presentar unha nova aplicación TIC. Desta vez traio un xogo que se pode utilizar como experiencia práctica na aula. Chámase TOUPIE ET BINOU e é un xogo cun leve fío narrativo que une todolos pequenos minixogos que podemos atopar dentro da páxina.
Comeza co rato Toupie e o gato Binou espertándose, Toupie coméntalle ao seu compañeiro que soñou con cousas fantásticas, e neses soños é no que se basan os minixogos.
A páxina é completamente en francés, pero o seu vocabulario e sinxelo e de facil comprensión.
A parte dunha maneira de que os nenos se divirtan en clase, é unha maneira de aprender Francés xogando.
Espero que vos divirtades xogando en clase con esta pequena aportación que vos fago. Atentos ao blog porque se avecinan proxectos interesantes para a viaxe a París!!
Un saúdo de Iván, do equipo de MÓVETE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario