mércores, 17 de febreiro de 2016

Aplicacións indispensables para viaxar

Ola rapaces e rapazas! Que tal vos vai a semana??
Hoxe teño unha entrada no blog na que vou contar miña experiencia e as miñas reflexións acerca das TIC.
A semana pasada púxenme a revisar información sobre as novas tecnoloxías, estiven a buscar información porque temos pensado ir de excursión a París próximamente e quería atopar datos e lugares que me foran de utilidade para dárllela ao alumnado.
Tecleei en google “juegos para aprender francés” ou “diccionario interactivo francés-español”, estas foron algunha das palabras que busquei para facilitar o traballo. Quedei alucinada con toda a cantidade de información que hai, temos miles de páxinas web, plataformas, etc..
A mín persoalmente, foime fácil a búsqueda da información, a páxina que atopei súper completa foi a de : www.wayerless.com/2014/08/las-8-aplicaciones-indispensables-para-descubrir-paris/
Paris Metro,Aquí poderiades atopar un mapa do metro moi claro e sinxelo moito máis cómodo que andar con papeis e doblando neles, hai outra aplicación Paris Map and Walking Tours, que nos marca rutas para facer camiñando , as mellores rutas e así a posibilidade de descubrir rincóns preciosos, algo moi útil tamçen é o cicloturismo, Paris by bike esta aplicación explicaranos onde topar aluguer de bicicletas, para nós ao ir de excursión non nos vale de moito pero sempre está ben sabelo. E por último facer mención á aplicación de Diccionario francés-español Larousse esta aplicación é moi boa, posto que aparte de ser sincela de usar ten a ventaxa de ter sonido, así as persoas con problemas visuais poderían facer uso do mesmo sen ningún problema.

Tamén vos deixo esta páxina http://www.saberfrances.com.ar/vocabulario/index.html que ben sendo un diccionario pero está mellor e máis completa a anterior.

Espero que vos sirva de moita axuda!! Xa me iredes contando nos comentarios!! Gracias!!

Feliz semana e acordádevos, MÓVETE!!!

Paula Jorge Horta


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese