xoves, 28 de abril de 2016

Que me parece a materia Novas tecnoloxías aplicadas a educación.

Ola amigos e amigas!! Aquí estamos un día máis! 🙆 💃

Como xa sabedes todos e todas tanto o blog como a nosa aplicación para o teléfono móbil foi levado a cabo grazas a unha asignatura que temos na universidade chamada novas tecnoloxías aplicadas a educación.

Dita materia é de gran utilidade e dinámica. A diferenza de outras materias Novas tecnoloxías presenta unha mezcla entre clases didácticas nas que nos aprendemos a facer aplicacións, libros electrónicos, blogs, etc. E as clases teóricas (cabe destacar que dentro das clases teóricas tamén realizamos actividades propostas pola mestra).

Na miña opinión é unha das materias que si son necesarias para formarnos como docentes, posto que como dixen en moitas entradas o uso das tecnoloxías na aula presenta grandes ventaxas entre elas que a clases non sexa aburrida senón entretida.

En canto ao proxecto que fixemos penso que logo do duro traballo conseguimos o que pretendíamos. Isto é moi satisfactorio posto que no día do mañan eu como docente intentarei realizar cousas parecidas.

Como valoración final diría que esta materia si vale a pena dala.

Espero que consideredes a idea de poder profundizar os coñecementos sobre as novas tecnoloxías.

Un abrazo moi forte e vémonos! 😜
L.G.A

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese