xoves, 28 de abril de 2016

OS PROFESORES E AS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Ola a todos e todas!! 😚 😉
Que tal o voso día? Eu levo unha semana chea de exames, se estades na mesma situación ánimo a todos e todas e por suposto forza!

Hoxe veño a reflexionarvos sobre un artículo que nada máis velo sentín a necesidade de ensinárvolo.

O artículo chámase "Están los profesores preparados para la educación digital?". Interesante a que si?. Pois ben, según o artigo máis da metade do profesorado recoñece non ter os coñecementos necesarios e o 80 % reclama para traballar un mellor internet.

Dito artículo presenta tamén unha frase moi interesante e coa que estou completamente de acordo: "Así, un 84% de los encuestados cree que la integración de estas herramientas en el aula enriquece su trabajo y hace las clases más dinámicas y entretenidas".

Na miña opinión o uso de tecnoloxías na aula por parte do profesorado aumentou considerablemente pero aínda queda moito traballo por facer. Penso que os profesores e profesoras que xa utilizan a tecnoloxía tamén necesitan a mayoría recibir unha formación máis ampla. Con todo iso non digo que estén mal preparados sólo que o gran coñecemento para utilizar as tecnoloxías abre a posibilidade de conseguir unha clase dinámica e divertida.

Por outra parte decir que canto máis consigamos implicarnos como docentes no uso das tecnoloxías máis posibilidades temos de variar a hora de dar clases aos nosos nenos e nenas. Posto que non é o mesmo todos os días coller o libro e realizar as actividades deste que un día xogar a un xogo sobre a materia, outro día ver un vídeo sobre o dado, etc.

Gustaríame que miredes o artigo comentado e me dedes a vosa opinión. Pinchade na man para velo: 👉. Fixádevos sobre todo nesta imaxe!
                     
Un saúdo moi moi forte para todos e todas. Vémonos pronto! 🙌

L.G.A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese