domingo, 27 de marzo de 2016

Redes sociais

Ola!! boas noites amigos e amigas!

Que tal vos foi estas minis vacacións?? eu traballandooo!!! pero bueno, antes houbo unha pequena viaxe a Ámsterdam!! xa vos farei unha entrada falando dela, pero hoxe veño falar dunha cousa moi seria e que afecta cada día a máis nenos e nenas desta sociedade.

Quero falar do uso indiscriminado que teñen moitos nenos e nenas dos teléfonos móbiles.

Esto é máis ben unha valoración persoal e breve.

Hai nenos que non teñen ningún tipo de supervisión parental respecto ao que fan nas redes sociais, as entre as consecuencias podemos atopar casos de nenos e nenas que se fan adictos a utilizar internet, que  dan datos persoais, que envian fotos deles vestidos ou núos, caen na chantaxe ou baixo promesas de que lles van a facer regalos ou cousas polo estilo.

Isto cae como un xarro de auga fría no neno ou nena, facendo que mine a súa autoestima, tendo malas notas e pechándose en banda.

Hai que ter moito coidado e ser moi precavidos coas redes socias, ao igual que poden ser moi boas ferramentas poden ser moi traizoeiras se non se saben utilizar axeitadamente.

Aquí vos deixo un artigo para que lle botedes un ollo.

grazas por lernos e acordádevos de MOVERVOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese