domingo, 27 de marzo de 2016

Realidade virtual

Boas lectores e lectoras!!!
Que tal as vosas Pascuas? Espero que ben!

Hoxe veño a falarvos dun artigo que me fixo pensar nas experiencias que tiven en canto ó uso de realidades virtuales nas clases. Se queres ver de que artigo falo pincha na estrela .

Como xa é de supoñer polas anteriores entradas o uso das novas tecnoloxías nas aulas para min é algo moi importante. Por iso vos traio este artigo. Neste fálase da creación de Google dun programa virtual para os colexios. Dito programa é unha das mellores ideas para levar a práctica xa que os nenos poden ver lugares que serían imposible ir a velos en persona tanto polas dificultades como polo diñeiro que costan algúns sitios.

Unha experienza que recordo cando estaba en primaria foi como unha das maestras quixo ensinarnos como era o océano. Como claramente non se pode ir polo océano para coñecer todo o que o forma a nosa profesora ensinounos un documental. Con este novo programa agora os nenos e as nenas poden ver como sería o océano e os compoñentes que o forman como se o estivesen vendo en persoa.

Moitos nenos e nenas que lle pons un documental durante unha hora como non sexa moi entretido a mayoría acabarán perdendo a interese e descentrándose. No meu caso así pasou posto que o documental basábase case nos mismos vídeos nos cales un home falaba todo o rato. Pola contra se tivéramos a oportunidade de velo virtualmente penso que sería tanto lúdico como entretido, podendo buscar nos mesmos o que nos interesa ou nos produce dúbidas.

Aínda que eu non tivera moita experiencia práctica coa realidade virtual o certo é que me parece unha boa maneira de aprender sen ser tradicional.

Espero que vos gustase moito! E o usedes cos vosos rapaces e rapazas!
Un saúdo moi forte e...... MÓVETE!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese