sábado, 6 de febreiro de 2016

Reflexión sobre as TIC na aula


Ola un día máis! nesta ocasión véñovos a falar sobre a miña opinión e experiencia coas TIC, básicamente a opinión que teño delas.

Ben, vou a comezar por cando eu era pequena, fará iso de vinte anos nas nosas aulas o que tiñamos para traballar eran libros, libretas, encerado e na sala de profesores había algo marabilloso, un proxector!

Cada vez que nos traían o proxector para ver dispositivas era un espectáculo, encatábanos! con ese ruído que facia a máquina ao pasar a dispositivas!! xunto coas diapositivas estaba tamén a televisión con reproductor de video na aula de inglés!! víamos películas en inglés nas que todos estabamos moi atentos.

Estas foron as miñas primeiras experiencias escolares con novas tecnoloxías, agora xa de maior, e coa experiencia de facer as prácticas dun ciclo en educación infantil, doume conta do realmente relevante que son as novas tecnoloxías para a aprendizaxe dos nenos.
Nesta escola que vos digo había en todas as aulas unha pizarra dixital interactiva(PDI) o cal era súper conveniente para os nenos, prestaban máis atención e habia un sin fin de actividades que se podía coller de internet.

Tamén habia un aula de ordenadores na cal ibamos os nenos e as educadoras para facer xogos, e ensinarlles como se encende e apaga o ordenador, e isto con 5 anos!

Pero como todo, para mín tamén teñen un lado malo, o abuso de certas tecnoloxías e a pouca vixilancia que poden ter algúns pais deixándolles aos nenos ao seu libre albedrío con un teléfono móbil.

Estas ferramentas teñen doble filo e hai que ter coidado, hai cousas que son moi útiles e que hai que saber aprobeitar a oportunidade de ter internet e poder usalo en calquera momento case, pero tamén hai que pararse e pensar. ¿Non estaremos a facer un sobreabuso das tecnoloxías? antes de esmagar o cerebro pensando, buscamos rápidamente en google para atopar a resposta, e isto á larga será perxudicial.

Con isto remato, uso de tecnoloxías na aula, sí. usalas con moderación tamén.

Ata outro diaaaaa!!! e recordade: Móvete!

Paula Jorge

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese