sábado, 6 de febreiro de 2016

Recursos

Paula Jorge Horta
 Nesta páxina pincha aquí podemos atopar unha nova aplicación na cal se xeran exercicios nos que se teñen que identificar distintas figuras xeométricas como os cadrados, rectángulos.. cousa que é moi boa para que os nenos aprendan dunha forma significativa os diferentes conceptos, as aplicacións soen ser atractivas para os nenos e esta páxina é moi atractiva e colorida
tamén hai máis opcións de páxinas nas que poder navegar e atopar cousas moi interesantes como por exemplo Educación 3.0 nesta outra páxina podemos atopar unha revista moi completa con resursos para etapas de infantil, primaria, secundaria, educación superior e educación emocional. Un sitio que pode ser de grande utilidade.
Tamén esta outra aplicación Edu Apps é moi favorable para os pequenos cando está a estudar as partes do corpo, nesta aplicación disponible para iPad foi diseñado para axudar aos nenos de máis de catro anos a que saiban de qué estamos feitos e cómo funcionamos. Consta de cada unha das partes animada e interactiva: o corazón latexa,  os intestinos soan, os pulmóns respiran, etc..
Hai moitas aplicación e recursos, estas son só algunas das que vou a mencionar, tecnologiaedu.us.es/nweb/htm/cursosfree.htm  esta páxina por rematar con alguna é un lugar no cal te podes apuntar a cursos abertos para máis formación, hai o curso de Tic para formación, sua utilización didáctica, fórmate para orientar, ferramentas Web  para a educación etc..

Na miña opinión creo que todas as ferramentas son boas e hai que utilizalas sempre que se poida pero tamén creo que todo en exceso é malo e que habería que saber cando hai que parar de abusar das novas tecnoloxías, por todos é sabido que o uso que se está a facer das novas tecnoloxías en todos os ámbitos, ás veces son innecesarios e simplemente por comodidade, respecto aos nenos en concreto hai que saber poñerlles freo porque o lúdico do seu uso pode serlles vicioso e moi perxudicial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese