venres, 22 de abril de 2016

Pódese aprender xogando? Pois claro que si!

Hola amigos e amigas! 👬

Hoxe veño a falarvos dun novo recurso para utilizar nas aulas. Este recurso é unha páxina chea de xogos para aprender francés.

Dita páxina é moi útil posto que divide os xogos en categorías: Xogos de nivel principiante (conta con 80 xogos), Xogos de nivel elementario (contén 54 xogos), Xogos de nivel medio (35 xogos) e xogos de nivel avanzado (34 xogos).

Se queredes ver a páxna da que falo pinchade AQUÍ:


Como xa sabedes temos un proyecto entre mans para crear unha aplicación para o móbil que axude a desenvolverse de maneira fluída por París. Aínda que dita aplicación sirve para moitos o certo é que se encontra adaptada sobre todo para nenos de cuarto de primaria por iso eu recomendo que no caso de de aplicar estes xogos na casa se utilicen os de principiante.

Entre todos os xogos que puiden ver hai un que me pareceu moi eficaz xa que este traballa o esencial se pisas parís que son as frases típicas: cómo te chamas? cantos anos tes? 

Déixvos aquí o enlace do xogo do que falo e outros que son parecidos:
Xogo 1 (xogo do que falei anteriormente)
Xogo 2 (xogo para desenvolverte ben se vas a comer a un restaurante ou bar)
Xogo 3 (manter unha conversación)
Xogo 4 (aprender normas de cortesía)

Espero que vos gusten as propostas, se queredes probar máis xogos non dubidedes en pinchar na páxina que puxen arriba e buscar o que máis vos guata para os vosos nenos e nenas.

Un saúdo moi moi forte e MOVÉDEVOS!
💃💃
L.G.A

1 comentario:

  1. Boas noites Leticia!

    Acabo de probar esta páxina da que nos falas e apréceme fantástica. Vexo que conta cunha enorme variedade de xogos en francés, ademais de que ten distintos niveis en función dos coñecementos propios, polo que considero que todos e todas podemos xogar sen ter demasiados problemas. É máis, con este recurso considero que non temos excusa para non aprender francés. Espero as próximas propostas do voso blog, e que sexan tan útiles como me pareceu esta

    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese