Hoxe veño a falarvos dunha ferramenta moi útil, utilizada e coñecida seguramente por todos vos.
Esta ferramenta é o Gmail. a través deste podemos intercambiar información mediante correos electrónicos. Aínda que supoño que a mayoría de vos o coñecedes póñovos Aquí o enlace para os que queiredes botarlle un vistazo.
Pero.... porqué dita ferramenta é tan útil nas aulas? Moi fácil, moitas veces encontrámonos con dificultades nas que non temos ao profesor ou profesora presente para que nolas resolva ou coa necesidade de mandar un traballo/apuntes a un compañeiro ou compañeira. Para todo iso o Gmail é a mellor forma de resolver os ditos problemas.
Outra das ventaxas que presenta o gmail é que ao ser unha conta de google sirve para rexistrarse en outras aplicacións que pertencen a Google como por exemplo o Prezzi, Google Drive, Maps, etc.
Cabe destacar sobre todo a facilidade para acceder a él posto que se pode acceder desde un dispositivo móbil, tablet, ordenador,etc. Isto presenta unha gran ventaxa, xa que non todos dipoñemos de un ordenador ou unha tablet.
Espero que vos gustase moito e que vos sexa de gran aportación. Vémonos para a semana que ven! Un graaaan saúdo 😘 e recordade MÓVEDEVOS!!
L.G.A
Ningún comentario:
Publicar un comentario