luns, 28 de marzo de 2016

Recursos?

Ola, boas!!

Benvid@s rapaces/as a unha nova entrada deste blog. Nesta ocasión gustaríame expresar unha opinión que ten que ver ca busca de recursos, experiencias prácticas para a aula...
Se ben é certo que se poden atopar recursos didácticos facilmente na rede, debido á gran variedade e a existencia tanto de organismos oficiais coma non oficiais que os proporcionan, si que pode dificultarse a tarefa á hora de adecuar o contido dos mesmos á temática do grupo de traballo.
No noso grupo o obxectivo da materia é conseguir e adecuar unha serie de ferramentas que poidan facer unha viaxe a París, divertida e intuitiva.
Ata agora a resultou un traballo fructífero e enriquecedor, pero por primeira vez comezamos (ou polo menos comezo) a atopar dificil conseguir recursos relacionados cas viaxes, ou co francés. Con esto non quero dicir que me queixe do dificil que resulta a materia, senon de que quizais non exista unha variedade suficiente de recursos TIC para este tipo de tarefas. Polo menos no caso do francés debían ser maiores por tratarse da ensinanza dun idioma.

De todos modos, esto é so unha reflexion, non vos preocupedes porque seguiremos traballando para conseguir o noso obxectivo!!

Lembrade!! MÓVETE!!
Un saúdo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tinkerbell Orange Glitter WingsCheese