Hola a todos e todas!
Como vai a semana? Espero que ben.
Como a semana pasada decidín falarvos da miña experiencia na aula con simuladores de realidade, hoxe veño a falarvos doutra experiencia. Esta é o uso de ordenadores nas aulas como substituto da libreta.
A miña experiencia con ordenador en algunhas asignaturas é moi boa pero pouca efectiva. Para que me entendades póñovos un exemplo. Cando estaba en segundo da ESO a miña profesora decidiu que sería moi efectivo dar os ríos, montañas, etc polos ordenadores. É certo que isto axudou a que nós prestásemos máis atención a clase pero cando chegaba a hora de facer exercicios moitos utilizaban ese tempo para xogar a xogos por internet ou ver vídeos de Youtube. Na miña opinión unha clase con ordenadores pode ser máis dinámica e efectiva que unha tradicional basada en leer o libro e facer os exercicios pero penso que debería limitarse o uso de internet de ditos ordenadores ao uso só da unidade que se estea dando. É decir restrinxir os xogos e vídeos.
Buscando atopén un artigo do País en donde conta que según o informe PISA (Se non sabes que é o informe PISA e queres sabelo pincha AQUÍ. Neste pdf tedes información moi interesante) o uso abusivo de ordenadores na aula ten efectos negativos nos resultados académicos.
Dito artigo podedes velo pinchando na cruz ✘. Ahí veredes ademáis gráficos onde se mostran os resultados so informe PISA.
De todas formas o uso de ordenadores non deixa de sér útil sempre que non se abuse deles.
Espero que vos gustase e vos sexa de gran utilidade.
Un saúdo amigos e amigas! E como sempre.... MÓVETE ✌!
Ata a semana que ven!
Ningún comentario:
Publicar un comentario